Friday 17 de May de 2024

Máis de 250 rapaces asistiron á actuación de Serafín Marcos sobre o poeta Manuel María


Co seu orixinal sentido do humor Serafín Marcos ofreceu no Auditorio Municipal de Riveira dentro do programa Maio Cultural unha actuación dedicada ao homenaxeado no Día das Letras Galegas. O título da función, “Que Manuel María?”.

Ao final foron máis de 250 os alumnos de 3º e 4º de ESO que encheron o salón de actos e pasárono en grande coa función.